jueves, 28 de febrero de 2008

Diego Anido chega ao Salón Teatro con 'Cascuda'

Anido
Horario:

15 de febreiro de 2008
20:30

Lugar:

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

Prezo:

De balde.

Diego Anido chega ao Salón Teatro con 'Cascuda'

Diego Anido

Os insectos foron empregados ao longo da historia da literatura como referentes á hora de simbolizar todo tipo de condutas humanas. Diego Anido abre ao público os ensaios da obra 'Cascuda' que vai ser estreada en maio

Diego Anido, un dos creadores galegos máis relevantes da actualidade, establece a súa residencia artística no Salón Teatro para conformar ‘Cascuda', unha proposta escénica coproducida polo Centro Dramático Galego, que ofrece unha mirada singular sobre os animais máis desprezables do mundo humano.

As cascudas chamaron a atención do noso creador por seren un dos animais máis desprezables de todos os que conviven nunha cidade ou espazo urbá. Pero elas teñen unhas características de tamaño, resistencia e axilidade que lles permiten descubrir lugares, así como instalarse e observar a vida humana desde os lugares máis segredos e subterráneos dun mundo ao que nunca poderemos acceder. Ademais, cómpre anotar o coñecido dato de que serían as únicas poboadoras do planeta, xunto coas ratas, no caso de producirse unha catástrofe nuclear.

Formado na escola ‘Espazo Aberto de Santiago', Diego Anido estreou o seu primeiro espectáculo no 2004 en Galicia. Desde entón, realiza, en colaboración con varias entidades teatrais, unha gran carreira artística que se distingue polo carácter pouco convencional das súas propostas escénicas; uns espectáculos de alto nivel que reúnen a danza, o teatro, a perfomance e a música. fuente web: www.compostelacultura.org

No hay comentarios: